TORRES CADAVID AVOGADOS é unha firma nova de asesoría xurídica localizada en Galicia, con fortes lazos con Portugal e América Latina. Dedicámonos ao estudo do Dereito e á resolución de problemas xurídicos sinxelos e complexos, de profesionais, particulares e pequenas e medianas empresas. Os nosos sinais de identidade son a formación e a experiencia, a innovación, a internacionalización e a responsabilidade social e ambiental.
En Torres Cadavid Avogados caracterizámonos por unha atención e un trato 100% profesional dos nosos clientes. Desenvolvemos o noso traballo procurando a máxima calidade e a excelencia, priorizando sempre os intereses do cliente.

ÁREAS DE TRABALLO

Responsabilidade profesional

Asesoramos e defendemos en imprudencia profesional penal, administrativa e civil.

Ver
Dereito Penal de Empresa

Asesoramos e defendemos en materia penal a pequenas e medianas empresas.

Ver
Dereito de estranxeiría

Asesoría, representación e trámites de estranxeiría en España e Portugal.

Ver
Outras

Ademais das anteriores tamén traballamos noutras áreas do Dereito.

Ver

SERVIZOS

ASESORÍA

Asesoramos de xeito completo aos nosos clientes. Orientamos nos procedementos que deben realizar.

DEFENSA

Reclamacións e recursos ante a Administración Pública, defensa ante Xulgados e Tribunais, litixios.

SEGUNDA OPINIÓN XURÍDICA

Para avogados, empresas, profesionais e particulares que requiran dunha segunda opinión sobre un problema xurídico.

Establecemos equipos de traballo ad hoc para cada situación

Contamos co compromiso de avogadas/os nas diferentes áreas do Dereito, así como doutras profesións, como economía, informática, arquitectura, medicina, etc.

O noso modelo fúndase na deslocalización, a comunicación fluída e o traballo en equipo eficiente e dinámico.

Temos convenios de colaboración con despachos de avogados radicados en diferentes países, especialmente europeos e latinoamericanos. Isto permítenos ofrecer servizos no país de orixe e de destino.

Incorporamos a nosa firma novos talentos

Tentamos captar nas Universidades dos países nos que traballamos a estudantes en prácticas con potencial para converterse en excelentes profesionais do Dereito.

Propoñemos convenios de I+D+i con Universidades e outros organismos de investigación

Cando se require, profesores e investigadores universitarios expertos apoian o noso traballo garantindo respostas 100% fiables, aínda nos problemas xurídicos máis complexos.

As nosas oficinas en Vigo e en Ourense son apostas estratéxicas

A nosa oficina en Vigo, ao carón da Cidade da Xustiza, axiliza e facilita calquera trámite. En Ourense, para que non perdas tempo, atoparasnos no Km 10 da Estrada OU-504 (Ribadavia - O Carballiño).

Somos respectuosos co medio ambiente

Investimos continuamente na redución do uso do papel, tendo como obxectivo a dixitalización completa. Imprimimos só cando é absolutamente indispensable e, cando o facemos, utilizamos papel 100% ecolóxico e reciclado. Seguimos criterios de eficiencia enerxética.

ACTUALIDADE