Como traballamos

O noso exercicio profesional baséase en valores clásicos da avogacía. Guíanos o respecto ao Código Deontolóxico da profesión, o cumprimento das regras do sistema xurídico e a creación dunha relación de confianza coas/os clientes.

Somos expertos en resolver problemas xurídicos complexos. O noso perfil académico e profesional permítenos estudar en profundidade cada caso e idear solucións creativas, eficientes e á medida de cada persoa

En equipos de traballo

Establecemos equipos de traballo ad hoc para cada situación. Contamos co compromiso de avogados nas diferentes áreas do Dereito e doutras profesións como economía, informática, arquitectura ou medicina.

Con claridade e transparencia

A nosa xestión é transparente en relación cos servizos que ofrecemos e os honorarios que cobramos, sempre fixados previamente nunha folla de encargo.

Temos servizos en áreas especializadas, reorientando as/os clientes a outras/os profesionais nas cuestións que non son abarcadas polo noso despacho.

Deslocalizados e en conexión

O noso modelo baséase na deslocalización, a comunicación fluída e o traballo en equipo eficiente e dinámico.

Temos convenios de colaboración con despachos de avogadas/os radicados en diferentes países, especialmente europeos y latinoamericanos. Isto permíteno ofrecer servizos no país de orixe e de destino.

Con novos talentos

Incorporamos á nosa firma novos talentos. Tratamos de captar nas Universidades dos países nos que traballamos a estudantes en prácticas con potencial para converterse en excelentes profesionais do Dereito.

Propoñemos convenios de I+D+i

Propoñemos convenios de l+D+i con Universidades, organismos de investigación e investigadoras/es independentes. Cando é preciso, profesoras/es universitarios e expertas/os apoian o noso traballo garantindo respostas 100% fiables, aínda nos problemas xurídicos máis complexos.

Con respecto ao medio ambiente

Invertemos continuamente na redución do uso do papel, tendo como obxectivo a dixitalización completa. Imprimimos só cando é absolutamente indispensable e, se o facemos, utilizamos papel ecolóxico e reciclado. Seguimos criterios de eficiencia enerxética.

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio