SINAIS DE IDENTIDADE

FORMACIÓN E EXPERIENCIA
FORMACIÓN E EXPERIENCIA

Valoramos a formación como un activo fundamental do exercicio da avogacía, por iso os nosos equipos de traballo están compostos por profesores universitarios, avogados e consultores cunha alta cualificación académica en Dereito. Nos tempos que corren, requírese auténtico coñecemento para dar resposta á complexidade técnica dos asuntos xurídicos, que medra cada vez máis, as súas relacións con outros ámbitos do coñecemento e a súa natureza transnacional. A nosa experiencia en xulgados e tribunais en diferentes sistemas xurídicos, tanto na resolución como negociación de conflitos, completa a nosa oferta de solucións xurídicas de máxima calidade.

INNOVACIÓN
INNOVACIÓN

Somos un despacho novo, afeito ás novas tecnoloxías da información e a comunicación, con experiencia na obtención e análise da información pública de organismos estatais e da Unión Europea, actualización permanente na xurisprudencia nacional e internacional máis recente e cunha forte capacidade innovadora tanto na resolución de conflitos, nos procesos de asesoría, como na relación co cliente.

INTERNACIONALIZACIÓN
INTERNACIONALIZACIÓN

Somos especialistas en tender pontes entre diferentes territorios e ordenamentos xurídicos. Temos convenios de colaboración con despachos de avogados radicados en diferentes países, especialmente europeos e latinoamericanos. Isto permítenos ofrecer servizos no país de orixe e de destino. Nunha sociedade en continuo cambio con relacións de negocio que se implantan nun contexto global, consideramos imprescindible non só unha boa formación xurídica senón tamén un alto coñecemento en linguas, por iso en Torres Cadavid Avogados atopará persoas capaces de desempeñarse profesionalmente en galego, español, portugués, inglés, alemán, francés e italiano.

RESPONSABILIDADE SOCIAL E AMBIENTAL
RESPONSABILIDADE SOCIAL E AMBIENTAL

Estamos comprometidos con facer que o noso impacto no entorno no que actuamos sexa positivo. Compramos bens e contratamos servizos locais e tentamos ter un mínimo impacto no medio ambiente. As nosas áreas de traballo e a nosa especialización tentan responder ás necesidades de colectivos concretos. Guíanos o respecto máximo polas persoas, calquera que sexa a súa orixe cultural o socioeconómica. Somos conscientes das nosas raíces e pretendemos chegar a comprender e interpretar o territorio galaico-portugués no que nos atopamos.

A IDEA

Torres Cadavid Avogados é unha iniciativa de Natalia Torres Cadavid, Profesora de Dereito penal, Doutora en Dereito e Avogada
NATALIA TORRES CADAVID
NATALIA TORRES CADAVID
Avogada - Doutora en Dereito

Breve currículum

Natalia Torres homologou o seu título de Avogada (2010) pola Universidade EAFIT (Colombia), ao título español de Licenciada en Dereito (2013).

É especialista en Dereito penal (2011) pola Universidade EAFIT (Colombia).

Cursou o Máster en Asesoría Jurídica de Empresas (2012) na Universidade de León (España) e o Máster en Acceso a la Abogacía (2018) na UNED (España).

Defendeu a súa tese de doutoramento o 7 de xullo de 2017 na Universidade de León (España), obtendo o grao de Doutor en Dereito con mención internacional e a cualificación de sobresaínte cum laude.