As fronteiras dentro da UE continúan pechadas pero con algúns cambios

Nunha publicación anterior xa informabamos que as viaxes dentro da Unión Europea (UE) estaban prohibidas salvo en concretas excepcións.

O motivo desta prohibición é a crise sanitaria provocada pola COVID-19.

En España, ese control de fronteiras tense renovando a través de sucesivas ordes ministeriais.

A última é a Orde INT/401/2020, de 11 de maio. Esta Orde prorroga o control de fronteiras interiores aéreas e marítimas ata o día 24 de maio de 2020.

Só se permitirá a entrada no territorio español por vía aérea e marítima a cidadáns/ás españois/las, a residentes en España, traballadores/as transfronteirizos/as e algún outro suposto máis.

En Europa son un total de 14 Estados os que restableceron os controis das fronteiras interiores aéreas. E 9 nas marítimas.

O alzamento progresivo das restricións conlevará que persoas que vivan fóra, decidan viaxar a España, a Portugal ou a outros países da UE.

Dende TORRES CADAVID AVOGADOS ofrecémosche información actualizada dos cambios nas normas e como estes cambios poden afectar aos teus proxectos de viaxe ou de traballo en España, en Portugal ou ata noutros países da UE.

Tamén podes contar connosco para coñecer e exercer os teus dereitos ante unha axencia de viaxes ou unha compañía aérea.

Isto é especialmente importante ante os cambios provocados pola COVID-19.

Fotografía: tomada na cidade de Parma, Italia. Torres Cadavid©

Artigos relacionados

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio