A Comisión Europea invitou aos Estados da UE e aos Estados asociados de Schengen ata o día 15 de xuño, a manter a restricción temporal das viaxes non esenciais á UE.
En aplicación desa invitación os distintos Estados da UE están adoptando medidas de restricción.
En España está prohibida ata o 15 de xuño a entrada de calquera persoa que non sexa nacional dun país membro da zona UE. Pero existen excepcións.
O Goberno español así o estableceu na Orde INT/409/2020, de 14 de maio.
Esta prohibición para entrar en territorio español afecta especialmente a toda a comunidade latinoamericana debido aos estreitos lazos con España.
Pero algunhas persoas si poden entrar eventualmente en España malia esta prohibición: persoas con residencia habitual nalgún país da UE, titulares dun visado de longa duración expedido por un país da UE, traballadores/as transfronterizos/as e outros.
Tamén se permite a entrada de persoas viaxando por motivos familiares imperativos debidamente acreditados, por motivos de forza maior, situación de necesidade ou por motivos humanitarios.
En Portugal o Goberno portugués tamén prohibiu a entrada de voos desde fóra da UE ata o 15 de xuño. Pero existen excepcións.
O Goberno portugués mantén outras adicionais. ademais das excepcións sinaladas anteriormente e que tamén se reproducen en Portugal.
Está permitida a entrada desde países lusófonos. Desde Brasil admítense os voos desde São Paulo e desde Rio de Janeiro.
Outra excepción a esta prohibición é o tráfico aéreo cos países con importantes comunidades portuguesas, designadamente, o Reino Unido, os Estados Unidos de América, Venezuela, Canadá e África do Sur.
Se vostede, un familiar ou unha persoa coñecida está interesado/a en viaxar a España ou a Portugal é moi importante que se informe previamente e teña preparada toda a documentación que poida necesitar.
Nós estamos aquí para axudarlle.
Atendémoslle a través de TORRES CADAVID AVOGADOS en España e do noso despacho asociado K.LEX Law Office Advogados en Portugal.
Fotografía: Ría de Vigo, Illas Cíes, Océano Atlántico, 2019. Torres Cadavid©