Sobre a nosa Firma
Fundada en 2018, somos unha firma xove de asesoría xurídica localizada en Vigo, Galicia, con fortes lazos con Portugal e América Latina
Prestamos o mellor asesoramento experto en Dereito de estranxeiría y Dereito sancionador, penal e administrativo
Nacemos da iniciativa da Dra. Natalia Torres Cadavid

Traxectoria
Natalia Torres homologou o seu título de Avogada (2010) pola Universidad EAFIT (Medellín, Colombia), ao título español de Licenciada en Dereito (2013).
É Especialista en Dereito Penal (2011) pola Universidad EAFIT (Medellín, Colombia).
Cursou o Máster en Asesoría Xurídica de Empresas (2012) na Universidad de León (León, España) e o Máster en Acceso á Avogacía (2018) na UNED (España).
Defendeu a súa tese de doutoramento o 7 de xullo de 2017 na Universidad de León (León, España), obtendo o grao de Doutora en Dereito (PhD in Law), con mención internacional e cualificación de sobresaliente cum laude.
A súa formación complétase con estadías de investigación financiadas con bolsas públicas competitivas do Ministerio de Educación español e da Xunta de Galicia en:
- Università di Modena e Reggio Emilia (Italia) (2013, 2014).
- Ludwig-Maximilians-Universität München (Alemania) (2014, 2015).
- Universidade de Porto (Portugal) (2018, 2019).
Ademais, de outras múltiples estadías de investigación en:
- Universidad EAFIT (Medellín, Colombia) (2013, 2014, 2015, 2019).
- Universidad de Antioquia (Medellín, Colombia) (2018).
Atópase colexiada no Ilustre Colexio de Avogados de Vigo dende o 19 de xuño de 2018, con tarxeta profesional núm. 3.921.
Está habilitada para o exercicio da avogacía en Colombia dende o 24 de decembro de 2010, con tarxeta profesional de avogado núm. 197615-D1 do Consello Superior da Xudicatura.
Actualmente desenvolve como actividade principal a Avogacía no despacho Torres Cadavid Abogados na cidade de Vigo e en K.Lex Advogados con sede principal na cidade de Porto (Portugal), compaxinando tarefas docentes e investigadoras como Profesora de Dereito Penal (dende o 2017) na Facultade de Dereito de la Universidade de Vigo.
Ten traballado como:
- Persoal Docente Investigador Predoutoral na Universidad de León (León, España), con financiación FPI do Ministerio de Educación Cultura y Deporte de España (antes de Economía y Competitividad) durante 4 anos dende o ano 2012 ata 2016.
- Investigadora Asistente do Centro de Estudios de Derecho, Justicia y Sociedad – Dejusticia (Bogotá, Colombia), para o proxecto “Evaluación de Operaciones del Proyecto de Implementación de los Sistemas de Vigilancia Electrónica (SVE) como sustitutivo de prisión y detención domiciliaria”, financiado pola Oficina de Naciones Unidas de Servicios para Proyectos – UNOPS, durante catro meses no ano 2011.
- Auxiliar Xudicial Ad-Honorem na Corte Constitucional de Colombia (Bogotá, Colombia) durante un mes no ano 2010;
- Avogada no Despacho de Avogados Gutiérrez Márquez Asociados (Medellín, Colombia) en diversos períodos, dende o ano 2006 ao ano 2011.
ACREDITACIÓNS DE PROFESORADO
Natalia Torres obtivo as acreditacións como Profesora Contratada Doutora, Profesora Axudante Doutora e Profesora de Universidade Privada pola Axencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación (ANECA) en resolucións de data 12 de febreiro de 2020 e pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) en resolucións de data 27 de febreiro de 2020.
DOCENCIA NA UNIVERSIDADE DE VIGO
Na actualidade, curso 2019/2020, desempéñase como Profesora Interina de Sustitución de Derecho Penal, na Facultade de Dereito, Campus de Ourense, nas seguintes:
- Materias: Dereito Penal I (DP Xeral), Dereito Penal II (Dereito Penal II), Dereito Penal e Procesual de Menores e Lexislación Penal Ambiental.
- Titulacións: Grao en Dereito, Simultaneidade ADE-Dereito e Grao de Ciencias Ambientais (da Facultade de Ciencias de Ourense).
Nos cursos 2017/2018 e 2018/2019 desempeñouse como Profesora Interina de Substitución de Dereito Penal, na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, Campus de Vigo, nas seguintes:
- Materias: Dereito Penal I (DP Xeral), Dereito Penal II (Dereito Penal II) e Dereito Penal de Empresa.
- Titulaciones:Grao en Dereito, Simultaneidade ADE-Dereito e Grao de Administración de Empresas.
DOCENCIA EN UNIVERSIDADES ESTRANXEIRAS
Natalia Torres ten sido profesora visitante en:
- Faculdade de Dereito de la Universidade Portucalense (Oporto, Portugal) durante unha semana en abril de 2019, grazas á obtención dunha bolsa competitiva de docencia Erasmus +.
- Facoltà di Giurisprudenza de la Università degli Studi di Parma (Parma, Italia), durante unha semana en marzo de 2019, grazas ao programa de docencia Erasmus +.
- Facoltà di Giurisprudenza en la Alma Mater Studiorum-Università di Bologna (Bologna, Italia), durante unha semana en abril de 2018, grazas á obtención dunha bolsa competitiva de docencia Erasmus +.
Natalia Torres acredita una intensa traxectoria investigadora durante os últimos 10 anos, que se concreta en:
PUBLICACIÓNS
O libro “La responsabilidad penal del asesor fiscal. Problemas de autoría y participación en el delito de defraudación tributaria”, publicado na editorial Tirant lo Blanch, na colección Monografías.
3 artigos en revistas indexadas en bases de datos nacionais e internacionais.
12 aportacións como autora e editora en publicacións científicas sen índice de calidade relativo.
8 capítulos de libro.
PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN
Ten participado de forma ininterrompida en 5 proxectos de investigación obtidos en convocatorias públicas e competitivas nacionais do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (4) e internacionais de Nacións Unidas (1).
Actualmente é membro do equipo de traballo dos proxectos de investigación:
“Principios y garantías penales: sectores de riesgo” (Referencia: DER2016-76715-R, Ministerio de Ciencia e Innovación) do que é investigador principal o Prof. Dr. Dres. h. c. Miguel Díaz y García Conlledo, Catedrático de Dereito Penal da Universidad de León.
“Revisión de cuestiones polémicas en la Ciencia penal a comienzos del S. XXI” (Referencia: RTI2018-101401-B-I00, Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades), do que son investigadores principais o Prof. Dr. Dr. h. c. mult. Diego-Manuel Luzón Peña, Catedrático de Dereito Penal da Universidad de Alcalá, e a Prof. Dra. Raquel Roso Cañadillas, Profesora Titular de Dereito penal da Universidad de Alcalá.
CONFERENCIAS, PONENCIAS E COMUNICACIÓNS
Ten presentado máis de 20 aportacións en Congresos científicos:
8 ponencias internacionais con revisión por pares.
5 ponencias invitadas.
8 veces ten participado na organización.
Ademais de ter asistido a numerosos congresos científicos nacionais e internacionais.
Ver o perfil de Natalia Torres en Google Scholar
Natalia Torres ten asistido diferentes cursos de idiomas no Reino Unido, Italia, Alemaña, Galicia e Colombia. As súas competencias en idiomas resúmense a continuación:
|
Comprensión auditiva |
Comprensión de lectura |
Expresión e interacción oral |
Expresión escrita |
Galego |
C2 |
C2 |
C1 |
C1 |
Italiano |
C1 |
C1 |
B2 |
B2 |
Inglés |
B2 |
C1 |
B2 |
B2 |
Alemán |
B1 |
B2 |
B1 |
B1 |
Portugués |
B2 |
C1 |
B2 |
B2 |
Sinais de identidade
Formación
Valoramos a formación como un activo fundamental do exercicio da avogacía, por iso os nosos equipos de traballo están compostos por profesoras/es de universidade, avogadas/os e consultoras/es coa máis alta cualificación.
Nos tempos que corren, requírese un auténtico coñecemento para dar resposta á crecente complexidade técnica dos asuntos xurídicos, ás súas relacións con outros ámbitos do coñecemento e á súa natureza transnacional.
A nosa experiencia en xulgados e tribunais en diferentes sistemas xurídicos, tanto na resolución como negociación de conflitos, completa a nosa oferta de solucións xurídicas de máxima calidade.
Innovación
Somos un despacho familiarizado coas tecnoloxías da información e a comunicación.
Temos experiencia na análise de información pública de organismos estatais e da Unión Europea.
Actualizámonos permanente na doutrina e xurisprudencia nacional e internacional máis recentes.
Contamos cunha forte capacidade innovadora tanto na resolución de conflitos, nos procesos de asesoría, como na relación con cada persoa.
Somos expertas/os en propoñer solucións vangardistas para aparentes «causas perdidas».
Internacionalización
Somos especialistas en tender pontes entre diferentes territorios e ordenamentos xurídicos.
Temos convenios de colaboración con despachos de avogadas/os radicados en diferentes países, especialmente europeos e latinoamericanos. Isto permítenos ofrecer servizos no país de orixe e de destino.
Nunha sociedade en continuo cambio con relacións de negocio que se implantan nun contexto global, consideramos imprescindible un alto coñecemento en idiomas, por iso en TORRES CADAVID AVOGADOS atopará persoas capaces de desempeñarse profesionalmente en galego, español, portugués, inglés, alemán e italiano.
Responsabilidade social e ambiental
As nosas áreas de especialización procuran responder ás necesidades de colectivos concretos.
Guíanos o respecto máximo polas persoas, calquera que sexa a súa procedencia cultural ou socioeconómica.
Somos conscientes das nosas raíces e pretendemos chegar a comprender e interpretar o territorio da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal no que nos encontramos.
Estamos comprometidos con facer que o noso impacto na contorna na que actuamos sexa positivo. Compramos bens e contratamos servizos locais.
Tentamos ter un mínimo impacto no medio ambiente.
Aliados estratéxicos
Naqueles casos que requiren dunha asesoría ou defensa de alcance supranacional, TORRES CADAVID AVOGADOS colabora con outras firmas localizadas noutros países de Europa e América.
Esta colaboración garante a mellor asistencia xurídica internacional
En Colombia:

Gutiérrez Márquez Asesores é o noso aliado estratéxico en Colombia
https://gutierrezmarquez.com/